Ribeira

O CONSELLEIRO DE EMPREGO DESTACOU Á FIRMA RIBEIRENSE FROUMA COMO UN EXEMPLO DE SOSTIBILIDADE E INNOVACIÓN

O polígono industrial de Xarás, en Ribeira, agocha dende o 2022 unha das empresas que vén a pegar forte no sector do deseño e da carpintería. Frouma Atlantic Wood naceu hai dous anos e xa o pasado 2023 foi galardoada co Premio Artesanía de Galicia 2023. Esta mañá o conselleiro de Emprego, José González, coñeceu como traballa esta empresa encabezada por Fran Millán e que está centrada no deseño e elaboración de mobles a partir da reciclaxe de madeira de bateas procedentes das rías galegas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.