Este mes de setembro os profesionais do mexillón seguen a traballar nunha das épocas fortes deste produto. Os produtores viven neste período un dos momentos de máis movemento no mercado, pero unha vez remate toca volver a pensar na cría. Como cada ano, a partir de novembro os bateeiros comezarán a ir polas rochas para ver como está a mexilla da seguinte campaña.