Boiro

O CAMPIONATO GALEGO DE CULTURISMO CELEBRADO EN BOIRO REXISTRA UN ÉXITO NA SÚA PRIMEIRA EDICIÓN

A Casa da Cultura acolleu esta fin de semana un evento novidoso en Boiro, o Campionato Galego de Culturismo. Case 20 profesionais desta disciplina participaron no certame, que contou con diferentes categorías e premios en metálico.

Aínda que dende a organización esperaban algún participante máis, a afluencia de público foi boa, case 200 persoas.

Culturistas como Ana Fafaneata, Kike García ou Kevin Somoza foron algúns dos gañadores do día.

O presidente da delegación galega da Asociación Española de Superatletas, Sebastián Lago, comunicou a través do seu Instagram que xa están traballando en traer novos eventos a Boiro e a contorna, ao mesmo tempo que aumentarán as cantías dos premios en metálico e arranxarán posibles erros no transcurso do campionato.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.