A Andaina 50K Concello de Ribeira rexistra un novo éxito na súa edición número vinte. O cupo de inscrición chegou ás 300 máximas, con persoas chegadas de todas partes de Galicia e España, quedando algúns deles fóra do evento ao non haber máis prazas.
O evento transcorreu sen incidencias, nun día no que acompañaba o bo tempo, que permitiu aos andantes desfrutar dos lugares naturais que formaban parte do percorrido.
O itinerario contaba con lugares de gran riqueza natural do concello, como o parque Periurbano de San Roque, a praia de Coroso, o petróglifo da Pedra das Cabras, a Pedra da Rá, o Castro da Cidá ou o miradoiro dos Castelos.
Destas 300 persoas inscritas, que saíron do campo da Fieiteira, 206 andaron os 50 quilómetros da ruta, 58 fixeron o trazado de 30 e 23 tiveron que retirarse.
Os deportistas remataron o percorrido entre as 7 horas, tempo mínimo esixido pola organización, e as 10 horas 40 minutos, 20 minutos antes das 11 horas estipuladas como máximo.