Un dos candidatos ao ascenso no Grupo 5 da Primeira Futgal comeza con bo pé a temporada. O campo Da Alta na Pobra do Caramiñal veu como o Puebla venceu por 2 a 1 ao Campo Lameiro.
Despois de caer o ano pasado no penaltis na fase de ascenso e dun terceiro posto en liga, o Puebla comeza a temporada co mesmo obxectivo en mente.
O marcador moveuse cedo, no minuto, cun gol obra de Óscar Fidalgo, que abriu a lata para o Puebla. A resposta do Campo Lameiro non tardaría en chegar. 15 minutos despois, no 36, Jonathan Cendón empataba o encontro e poñía as táboas no marcador, un resultado que parecía definitivo ata que no 88 Pablo Martínez rompía o empate e sentenciaba o encontro para os locais.
O Puebla buscar agora outros tres puntos e farao lonxe Da Alta, no campo do San Martín Vilaxoán, outro dos aspirantes a subir de categoría este ano.