O Cidade de Ribeira cae na súa estrea na Preferente Futgal no campo do Dubra. O partido non comezou ben para os barbanzáns, que quedaron cun xogador menos no minuto 20 por unha dobre amarela do central Moha.
A expulsión cambiou os plans dos visitantes, pero non os seus ánimos, xa que deron a cara ata o último momento. Na segunda metade destacaron as ocasións de Torito e Anxo para levar o encontro, que finalmente non puideron materializar.
Non foi ata o minuto 89 cando o Dubra atopou o gol nos últimos instantes do encontro.
O adestrador do Ribeira Manuel Ángel Pena alineou ao bloque do ano pasado, sumando o talento de Sera e Anxo Vidal. Non foi suficiente para lograr os primeiros tres puntos do curso.
Buscaranos a semana que vén na Fieiteira fronte ao Lalín.