Os incidentes, as pelexas e os sucesos non deixan de producirse en Ribeira, sobre todo nas proximidades do edificio okupa das Abesadas. Esta fin de semana unha liorta entre dúas mulleres na rúa do Estatuto correu como a pólvora polas redes sociais, incrementando a alarma entre os veciños do municipio e dun barrio que suma un novo incidente. O alcalde ribeirense, Luís Pérez Barral, desminte que Ribeira sexa un lugar perigoso.