Logo dunhas merecidas vacacións estivais, os alumnos e alumnas regresarán ás aulas este mércores. Neste tempo de desfrute e diversión dos estudantes, os concellos aproveitaron para actuar nos centros de ensino para atallar as carencias e danos que presentaban. No caso da vila de Noia, investíronse 400.000 euros nestes traballos nos diferentes colexios e institutos da localidade.
O CONCELLO DE NOIA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, INVESTIU PRETO DE 400.000 EUROS NA MELLORA DOS CENTROS EDUCATIVOS


