O Pazo de Goiáns acolleu unha nova edición do Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro, un acto que ten como fin recoñecer a labor social e de voluntariado no municipio.
O galardón conta con seis categorías, Inclusión, Entidade Social, Sector Empresarial, Méritos Extraordinarios, Superación e Exemplo e Voluntariado.
Ao acto acudiron diferentes personalidades tanto de Boiro como de fóra do concello. Entre eles, a deputada de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, que destacou a gran labor que exercen todas as entidades na inclusión social.