O outono virá acompañado de numerosos visitantes a Ribeira que chegarán montados nas súas motos. O motoclub Reventapistóns organiza un ano máis a súa concentración motera que nesta sexta edición desenvolverase do 4 ao 6 de outubro no seu lugar habitual, os arredores da praia de Coroso. Unha cita ineludible para os amantes das rúas rodas xa que hai unha ampla programación para o eu desfrute que comezará o venres cun gran protagonismo musical.