Onte as augas que bañan a praia da Concha acolleron a derradeira xornada da prestixiosa competición que leva o seu nome, a Bandeira da Concha. A embarcación masculina de Cabo da Cruz puxo o punto e final á súa temporada logo de pechar unha nova participación nesta recoñecida regata, na que finalizou no oitavo lugar.