OS VECIÑOS DE RIANXO VOLVEN CONCENTRARSE NO CENTRO MÉDICO

Continúan as protestas nas portas do centro médico de Rianxo. Veciños e profesionais do centro concentráronse unha semana máis esixindo a cobertura total dos cupos de médicos. Actualmente hai 4 con respecto aos 8 que podería haber.

Trátase dunha situación crítica, como afirman os propios traballadores do centro. Aseguran necesitar solucións a longo prazo e non parches. Para isto demandan a restitución do PAC en horario de tarde.

Salir de la versión móvil