O CONCELLO DE PORTO DO SON CONTRATARÁ UNHA EMPRESA PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA DA FALTA DE SOCORRISTAS NO 2025

Porto do Son volve ver pasar un novo verán con insuficiencia de socorristas. Praias como As Furnas ou Espiñeirido non contan con vixilancia, algo que non ven con bos ollos dende o concello.

O goberno municipal admite non saber que máis facer para contratar socorristas. Ante a falta de efectivo, para o ano que vén Porto do Son contratará unha empresa privada que se encargue da xestión desta materia para garantir a seguridade nas praias.

Salir de la versión móvil