Tras a apertura da planta baixa do novo mercado municipal de Ribeira, o Executivo está inmerso xa nos pasos necesarios para a ocupación do resto do inmoble.

A intención do executivo ribeirense é levar o plego de condicións ó pleno que se celebra o 21 deste mes.
A primeira planta do mercado municipal está destinada a instalación de actividades complementarias ás que se realizan na planta baixa, onde operan froiterías, carnicerías e pescaderías.

A segunda planta reservarase para a realización de actividades variadas do Concello e as dúas últimas plantas serán ocupadas por servizos de restauración, un lugar para o descanso, e tamén para dar a probar os manxares elaborados cos produtos que se venden neste mercado.

https://www.youtube.com/watch?v=BMObjfa0rEI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.