O festival Rock in Rian encherá Rianxo de música esta fin de semana con 21 concertos de artistas tan coñecidos como Mondra, Sés, Dios Ke Te Crew ou Lamatumbá.
Con esta suma xa 16 edicións sendo unha referencia nos eventos da contorna. Este ano ademais chegan cun novo modelo de festival. Haberá tres días de actuacións, comezando hoxe e rematando o domingo.