Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA INCREMENTA ATA OS 9,1 MILLÓNS DE EUROS A SÚA ACHEGA PARA FINANCIAR O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

O Servizo de Axuda no Fogar recibirá un incremento de 800 mil de euros por parte da Deputación da Coruña, situándose así nos 9,1 millóns.

Con estes fondos, os municipios poderán financiar máis de 395 mil horas deste servizo durante este ano e contratar 178 profesionais nos concellos de menos de 20 mil habitantes.

O aumento irá destinado unicamente ao servizo de axuda no fogar, que pasa de 12 a 14 euros a hora, atendendo así unha das demandas das traballadoras dos ector e dos concellos, que teñen que sumir estes gastos con fondos propios.

Esta suba no orzamento chega despois das reunións entre a Deputación e as traballadoras para coñecer a súa situación laboral e necesidades. Este ano 15 concellos coruñeses disporán de vehículos adquiridos pola Deputación para os desprazamentos ao fogar, entre os que destaca o de Outes.

No total da comarca do Barbanza o aumento destes fondos será de pouco máis de 100 mil euros, superándo así o millón para todos os concellos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.