Deportes

O RIANXEIRO ADRIÁN MOSQUERA AFRONTA OS SEUS SEGUNDOS XOGOS CON GANAS DE MEDALLA

O palista Adrián Mosquera participa este sábado nos seus segundos Xogos Paralímpicos na modalidade de paracanoe VL3 200. Hai tres anos conseguiu ser o primeiro piragüista galego en chegar a uns Xogos. Malia chegar a Tokio como campión do Mundo, só puido ser terceiro na final B.

Chega agora a París con máis experiencia e disposto a gañar esa medalla que se lle escapou no Xapón. Este ano vén de ser sétimo no mundial e quinto no europeo, celebrado en Szeged, Hungría.

Con 28 anos recién cumplidos está en plenitude física e o primeiro obxectivo será o sábado a partir das 12:05 da mañá, para colarse na final do luns, á que aspiran outros once deportistas.

Para o palista de Rianxo as medallas estarán entre os 47 e 48 segundos e medio. Consciente de que o pode facer en 48, pelexará por volver á casa co metal colgado do pescozo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.