Deportes

A ESTEIRANA AFRONTA UNHA NOVA CAMPAÑA NA PRIMEIRA FUTGAL ENMARCADO NO GRUPO 2

Últimos días para engraxar as pezas dos equipos xa que esta fin de semana inaugúrase unha nova campaña no fútbol galego. Os equipos da comarca terán unha gran presenza na Primeira Futgal, na Preferente e na Terceira RFEF. Na primeira categoría competirán cinco equipos do Barbanza, Muros e Noia. Un deles será a Esteirana, que este ano será o único representante da contorna no grupo 2 onde se medirán a rivais coñecidos da Costa da Morte, Coruña e Santiago.

A Esteirana xa leva semanas de traballo ás ordes dun novo adestrador, xa que Iván González colleu as rendas do equipo para esta campaña 24-25 cun obxectivo: consolidar ao equipo na categoría. Para iso contará cun equipo no que continúan boa parte dos xogadores que defenderon as cores do club na anterior tempada.

Álex Rama, Simón Figueiras e Alberto Codesido foron os primeiros xogadores en confirmar a súa presenza no cadro muradán. Baixo paus continuará Manuel Trillo e tamén seguirá defendendo os intereses da Esteirana Oliver Fernández. Godo Gutiérrez, Damián Martínez e Adrián Riomayor xogarán un ano máis no Xosé Luis Vara, onde Elías Ruso e Roberto Lago seguirán sendo a referencia do ataque.

Brais Romero, Manuel Tobio, Ismael Pedrosa, Pablo Rama e Kevin Rial poranse unha temporada máis a camisola roxa e azul. Sen embargo Sergio e Martín non, xa que finalizaron a súa aventura como xogadores da Esteirana

Tamén se sumaron novos nomes á disciplina roxazul, como o caso de Toni, xogador muradán que chega a aportar a súa experiencia nesta categoría e en superiores.

A Esteirana debutará o domingo no campo do Agolada, rival máis que coñecido para o equipo adestrado por Iván González.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.