Ribeira

A MOSTRA DE TEATRO DE RIBEIRA TRAE 13 ACTUACIÓNS DE PRIMEIRO NIVEL ESTE OUTONO

A concellería de Cultura de Ribeira presentou hoxe a Mostra de Teatro deste outono que contará con 13 actuacións, das que 12 será cun bono ou entrada. A restante estará interpretada polo grupo municipal e será de balde. Como novidade este ano, o bono poderá mercarse por internet.

Ribeira rexistra así a mostra de teatro máis ampla da súa historia, dende o 20 de setembro ata o 20 de decembro, sendo todas as actuacións os venres ás nove e cuarto da noite, exceptuando a do xoves 5 de decembro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.