O auditorio da casa da cultura de Outes acollerá un total de 20 obras de teatro entre os días 21 de setembro e 28 de febreiro.
Este ano haberá dúas novidades con respecto ao Outono Teatral, a creación de dous bonos para a asistencia ás actuacións e a posibilidade de mercalos dende a páxina do concello.
Dende o concello consideran fundamental a achega económica para conseguir fomentar estas actividades.