Logo dun verán de descanso o único equipo da comarca que compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico volveu ao traballo. Entre xuño e xullo o Galicia Bealo Lorchos realizou un curso para dar a coñecer esta disciplina deportiva, e tras un período estival no que os boirenses participaron na Primeira Copa Vikinga de Fútbol Gaélico, os xogadores volveron onte aos adestramentos.