O Concello de Riveira e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela acaban de asinar no día de hoxe un convenio de colaboración en virtude do cal unha empresa de inserción dependente desta organización benéfica instalará contedores en distintos puntos do municipio coa finalidade de recollida e tratamento de roupa e outros residuos téxtiles.
O alcalde Manuel Ruiz e o director diocesano José Anuncio Mouriño foron os encargados de rubricar un acordo no que tamén estiveron presentes o párroco de Santa Uxía Cesáreo Canabal, a presidenta de Cáritas Riveira, Teresa Pérez, e a xerente da citada empresa de Inserción, de nome Arroupa, Isabel Fraga.