As protestas non cesan en Rianxo e onte pola tarde a comunidade educativa da localidade reuniuse no CEIP Brea Segade. O patio do centro foi o escenario onde as familias se concentraron unha vez máis e ante a falta de resposta da Consellería de Educación ás súas demandas sinalaron que non levarán aos seus fillos á clase o día 11 se non se asigna ao colexio o profesorado que se precisa.