Porto Do Son

A XUNTA IMPULSA A MELLORA PAISAXÍSTICA NA PARROQUIA SONENSE DE BOA

O Porto de Boa recibiu esta mañá a visita do director de Turismo de Galicia e do alcalde de Porto do Son para a presentación do proxecto de embelecemento e mellora do litoral que se realizará na zona.

Contará cun orzamento total de 90 mil euros dos cales o goberno galego achegará 80 mil e o concello os 10 mil restantes. Forma parte dun plan a nivel autonómico da Xunta cun investimento total de 2,7 millóns de euros.

Sumado a isto, haberá outra inversión de fondos europeos Next Generation chega rondará os 30 millóns e que se empregarán ata o ano 2026.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.