O mes de agosto pechou con cifras récord en Galicia. O mercado laboral conta con 118.678 persoas sen emprego na comunidade, o dato máis baixo nun mes de agosto dende que hai rexistros. O número de persoas afiliadas á seguridade social ascende a 1.092.886, a máis alta nun mes de agosto dende o 2005. Unha evolución que destacou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.