O peso da pesca en Galicia é moi importante no eido socieconómico, pero tamén o é a industria da conserva. A confraría de Portosín quere unir estes dous mundos para dar máis visibilidade ao produto que capturan as embarcacións asociadas ao pósito. Polo que nun breve período de tempo poderá atoparse o Azul de Portosín en forma de conserva.