O día grande de San Ramón comezou como cada ano con centos de persoas ateigando o monte de Bealo. A pequena igrexa estivo chea de mulleres e homes pedindo favor ao santo, patrón das embarazadas, tanto para pedir un fillo como para velar pola saúde dos que xa están en camiño.
Despois da misa houbo procesión e logo disto, un dos momentos máis esperados polos asistentes, a sesión vermú. A orquestra Alianza amenizou coa súa música as horas antes de comer, onde a xente puido escoller entre as polberías ou a comida campestre, toda unha tradición para amigos e familias que acoden ata Bealo.
Chova, vente ou faga sol, os fieis a San Ramón non faltan á súa cita, algoque saben dende o concello, coñecedores da importancia desta celebración, e que animan a futuros visitantes a achegarse ata Bealo nas súas festas.