O Centro Social de Boiro abriu as súas portas o pasado venres para a presentación de “Alexandre Bóveda. Lume vivo, acesa chama”. Neste acto uníronse a Asociación Cultural Barbantia, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza e o Concello de Boiro, no que tamén participaron algúns dos autores dos textos que forman o libro, como Valentín García Bóveda, no que se homenaxeou a Alexandre Bóveda.