Lara Meneses visitou hoxe o campamento boirense de Espiñeira para asistir á actividade Talentia, promovida pola Xunta e que busca fomentar o talento creativo dos mozos e mozas galegos.
Dende alí asegurou que esta non será a única iniciativa deste tipo do executivo galego. Ademais, farase máis doado o acceso a este tipo de campamentos.