jueves, septiembre 28, 2023

A policía autonómica investiga dúas persoas como presuntas autoras de incendios forestais en RIBEIRA E LALÍN

Axentes da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV- Barbanza informaron hoxe da detención dun cidadán como presunto autor dun lume forestal intencionado no concello de Ribeira.

O lume que tivo lugar na parroquia de Santa Uxía, no concello de Ribeira, afectou a unha superficie de 3.100 metros cadrados. Grazas ás pescudas levadas a cabo polos propios policías autonómicos e os axentes forestais, tamén se esclareceron outros 3 lumes ocorridos na zona nesas datas, sumando os catro incendios unha superficie total aproximada duns 870.000 metros cadrados. Ademais esta persoa xa foi detida como presunta autora dun incendio forestal de 172 hectáreas ocorrido no mesmo concello de Ribeira no ano 2013. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de Garda de Ribeira.

https://www.youtube.com/watch?v=xN1tIK_98x8

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.