A Pobra do Caramiñal prepárase para despedir o verán co Nazareno, unha festa de Interes Turístico Galego dende o ano 2000. Desenvolverase dos días 13 a 16 de setembro e contará con algunhas das orquestras máis coñecidas de Galicia así como cun espectáculo que combinará fogos de artificio e drons.
Esta iniciativa novidosa na zona forma parte da renovación que o concello pretende dar ás celebración. Para desfrutar correctamente do espectáculo, recomendan presencialo dende o paseo dos Areos mirando cara mar.

