Ribeira

A PARROQUIA RIBEIRENSE DE OLEIROS PRESENTA AS SÚAS FESTAS CON ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS

San Maeriño de Oleiros celebra as súas festas cun cartel cheo de actividades para todos os públicos e idades.

Comezarán mañá venres, coa xornada festiva dedicada a San Roque e San Antonio, e contarán con actuacións do grupo de gaitas Os Pequenos do Barbanza, o trío Arena Musical e dous Djs. O sábado, na honra da Virxe do Carme, repetirán os gaiteiros e haberá torneo 50 aniversario no campo da Trinidade, ademais dunha ruta cabalar.

O último día, domingo, os eventos máis destacados serán a Festa da Empanada, o partido de solteiros contra casados e a festa infantil.

Dende o concello eloxian a gran labor da comisión de festas de Oleiros, asegurando que sen o seu traballo nada disto sería posible.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.