A conta atrás para o inicio do novo curso escolar está xa en marcha. Por iso o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, está a visitar as escolas infantís autonómicas. Esta mañá foi a quenda do centro de Porto do Son onde se están a realizar diversas obras aproveitando as vacacións de agosto xa que o venres día 6 é a xornada de portas abertas e comézase o curso o 9.