Valentín González Formoso reuniuse na sede da Liga Reumatolóxica Galega cos seus directivos, encabezados pola presidenta Isabel Vázquez Lojo. Alí expuxeron as súas liñas de traballo sobre a prevención, tratamento e rehabilitación das persoas con enfermidade reumáticas e musculoesqueléticas. Estas doenzas afectan a máis dun 20 por cento da poboación galega.
A responsable da entidade explicou como, para as persoas afectadas, se volven complexas tarefas cotiás por mor destas enfermidades. Destacou así a importancia do equipo multidisciplinar da asociación para atender as necesidades dos usuarios.
O presidente da Deputación interesouse polo traballo diario da lig e polas necesidades tanto para axudar á visibilización social e detección precoz da enfermidade como para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.