Esta mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou no acto no que se realizou o balance da iniciativa “Contigo no Camiño 2024”, desenvolvida no marco do convenio de colaboración do Goberno galego coa Cruz Vermella. O titular do Executivo autonómico destacou a importancia deste programa co que se reforza a seguridade e atención aos peregrinos do Camiño Francés e que este ano atendeu preto de 1.500 asistencias.

