Xa hai máis dunha semana que o Noia Portus Apostoli arrancou a súa preparación para a nova temporada. Os primeiros adestramentos contaron con case a totalidade dos xogadores do club, as incorporacións deste verán e algúns xogadores do filial. Entre as incorporacións atópase o ala peche zurdo Diego Fávero, que foi presentado sobre o parqué do Agustín Mourís.