Bruxelas traballa dende a Eurocámara para que a pesca comercial e a recreativa teñan condicións semellantes. A partir do 1 de xaneiro do 2026 os Estados costeiros da UE deben garantir que estean rexistradas as persoas físicas que se dediquen á pesca recreativa de especies que teñen cotas ou límites de capturas. Con esta medida a Comisión Europea prepárase para equiparar as condicións do sector comercial e o recreativo, medida que os profesionais do mar ven con bos ollos.