A Vuelta a España xa percorre as estradas galegas, con catro etapas por diante nas nosas terras. Regresa así a Galicia dous anos despois de ser a fin da edición do 2021 e farao cun percorrido de 160 quilómetros entre Ponteareas e Baiona.
A inauguración do primeiro destes tramos contou coa presencia do presidente da Xunta, acompañados de diferentes personalidades da política local de Ponteareas, como a alcaldesa Nava Castro, emblemas do ciclismo galego como Álvaro Pino ou Óscar Pereiro, e mesmo actores de fama nacional como Luis Zahera.

