Feijóo Destaca Un Incremento De Máis Do 82% Dos Fondos Aos Concellos Para A Mellora Dos Seus Camiños

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras o Consello, un incremento de máis do 82% da dotación económica aos concellos para a mellora dos camiños de titularidade municipal, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos residentes e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e dotación dos servizos básicos nas áreas rurais.

Feijóo destacou, así, a aprobación da sinatura de convenios de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e cada unha das catro deputacións provinciais para financiar as actuacións do novo Plan marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-15.

http://youtu.be/_e-F85MjASc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.