Esta mañá o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, realizou unha visita institucional ao Concello de Outes. Á súa chegada foi recibido por representantes de todos os partidos políticos da corporación municipal no salón de plenos. Alí asinaron un convenio de colaboración para renovar o terreo de xogo do campo de fútbol do Conchido. Instalación que coñeceu de primeira man o dirixente do ente provincial.