O pleno da Mancomunidade Arousa Norte aprobou esta mañá os orzamentos da entidade para o vindeiro ano 2017 que supoñen unha contía de 295.000 euros. A reunión do órgano estivo presidida polo presidente da entidade e alcalde de Riveira, Manuel S. Ruíz Rivas, e contou tamén coa asistencia do rexedor de Rianxo, Adolfo Muíños, e o tenente de alcalde e concelleiro de Obras Públicas, Vías e Uranismo de Boiro, Fernando García Diéguez, ademais da xerente da entidade, Maruxa Ledo.
Segundo explicou a xerente de Arousa Norte, a planificación das accións de Arousa Norte para o ano 2017 continuarán na liña de actuación iniciada en agosto deste ano e centraranse sobre todo nas áreas de información, comunicación e promoción.
https://www.youtube.com/watch?v=Aq2oF_sHzH8