O Concello de Lousame vén de investir un total de 31.144 euros no acondicionamento de dous parques infantís, emprazados nos lugares de Portobravo (Lousame) e Escabia (Fruíme). Unha actuación financiada ao abeiro do Plan de Acción Social (PAS 2015) da Deputación Provincial da Coruña.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde salienta que con esta actuación “pretendemos conseguir que en cada parroquia haxa un parque infantil en boas condicións.