Os comercios da ABE acollerán esta fin de semana unha nova edición do Fora Stocks, onde se venderán centos de produtos a prezos de liquidación con motivo da fin do verán.
Nesta iniciativa participarán preto dunha trintena de establecementos, que estarán sinalizados para axudar aos posibles clientes a identificalos.