Feijóo avoga por un modelo de financiamento autonómico que teña en conta o custo real dos servizos públicos que prestan as comunidades e cunha peza separada sobre o gasto sanitario

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe a aposta por un modelo de financiamento autonómico que teña en conta o custo real dos servizos públicos que prestan as comunidades así como unha peza separada sobre o gasto sanitario, incidindo en que ese custo efectivo ten moito que ver co avellentamento da poboación e coa evolución demográfica.
Logo de precisar que o 42% do gasto das comunidades destínase a Sanidade pública, Feijóo puxo de manifesto a necesidade de falar do custo real “porque en Galicia –aseverou, a modo de exemplo- máis do 24% da poboación é maior de 65 anos; porque os facultativos de atención primaria atenden 15 entidades singulares mentres que no resto de España atenden dúas; e porque o transporte escolar na Comunidade é catro veces máis caro que a media de España”.
En resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios no Pleno da Cámara, o titular do Goberno galego afirmou que o modelo de financiamento non pode estar ao arbitrio de posicionamentos políticos ou ideolóxicos por parte dos gobernos de turno de cada comunidade autónoma, apostando por un modelo “estable, sustentable e progresivo”.

https://www.youtube.com/watch?v=rUALEbeXXlA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.