A vela volverá a estar presente esta fin de semana na ría de Arousa. O Náutico de Ribeira organiza a XVIII Regata Gadis, convertida dende hai dous anos nunha proba destinada á vela lixeira para promover este deporte e garantir a súa continuidade. Por iso este sábado e domingo os arredores da praia de Coroso encheranse de Optimist e ILCA 4 e 6.