jueves, septiembre 28, 2023

Case 150 persoas actuarán na igrexa de SANTA UXÍA nun concerto da orquestra gaos e do coro universitario de SEVILLA

A Igrexa Parroquial de Santa Uxía vai ser escenario este sábado 17 ás 20.30 horas dun espectacular concerto a cargo da orquestra e coro GAOS e do Coro Universitario de Sevilla que está incardinado na programación de Nadal.

Actuarán preto de 150 persoas nun espectáculo en directo que terá unha duración de 90 minutos e levará por título “Brujas, magia y fantasía”.

O programa inclúe pezas tan fermosas como “A primeira noite de Walpurgis” de Mendelsshohn e unha selección de panxoliñas arranxados por Albert Ginovart e Hugo Paradela.

A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

https://www.youtube.com/watch?v=Y1cwCBqIZ3c

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.