O Museo Municipal de Ribeira acolle dende este sábado unha nova exposición da Asociación Amas de Casa de Ribeira. Trátase da Mostra de Talleres Artesanais e Culturais do colectivo enmarcado no IV Certame Cultural Aires de Dorna, unha exhibición na que se amosan as creacións con técnicas tradicionais como bolillos, vainicas, bordado, encaixe ou calceta.