Había oito anos que non se desenvolvía a Exaltación do Mexillón e as gañas por recuperala notáronse en Cabo de Cruz. O porto foi o punto neurálxico onte o bivalvo tivo todo o protagonismo grazas á unión do sector e dun grupo de mozos que trouxeron novamente este recoñecido produto ao municipio boirense. A degustación celebrouse ao mediodía de onte cun cheo absoluto, reafirmando as gañas que había na localidade polo rei das bateas.