Icono del sitio CanalBarbanza.com

O JAZZ NOIA VOLVE ENCHER AS RÚAS DA VILA UN ANO MÁIS

A cultura non para en Noia. Poucos días despois do remate do festival internacional de arpa chega o Jazz Noia.

Este festival de jazz continúa gañando audiencia ano tras ano e traendo a Noia a grandes artistas do xénero. Josemi Carmona, Alfonso Medela ou Gileno Santana actuaron nas rúas da vila para ofrecer os seus mellores acordes aos asistentes.

Precisamente este último foi o encargado de dar o derradeiro concerto desta edición, acompañado do Kin García Trío, versionando o disco Kind of Blue, de Miles Davis.

Salir de la versión móvil