Porto Do Son

PORTOSÍN HONROU Á PATROA DOS MARIÑEIROS COAS SÚAS FESTAS DO CARME

Fin de semana de moita actividade en Portosín. O sábado e o domingo desenvolvéronse as Festas do Carme deste municipio que ten un dos portos máis relevantes do cerco galego nas que se honrou á patroa dos mariñeiros. Dous dos actos máis agardados celebráronse onte: a misa e a procesión marítima.

Ás 11 da mañá a carpa situada no peirao de Portosín acolleu a misa na honra da Virxe do Carme na que se homenaxeou a Manel Deán, concelleiro sonense falecido recentemente e veciño de Portosín. Centenares de persoas encheron a carpa e os arredores da mesma, celebración á que tamén asistiron o director xeral de Pesca, Antonio Basanta, o patrón maior de Portosín, Isaac Gaciño, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, ou a deputada Rosa Quintana.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.